Ganímedes é a maior lua de Xúpiter e tamén do Sistema Solar. Según as observacións realizadas co telescopio espacial, Hubble, alberga un gran océano subterráneo que contén máis auga líquida que a que hai na Terra. A conclusión foi presentada onte durante unha roda de prensa da NASA na que participaron os principais científicos que levaron a cabo esta investigación, publicada en Journal of Geophysical Research: Space Physics. Según os seus cálculos, esta gran masa de auga salada tería uns 100 kilómetros de profundidade (aproximadamente dez veces máis que os océanos máis profundos da Terra) e encontraríase baixo unha cortiza de 150 kilómetros de espesor, composta na sua maior parte por xeo. Descuberta por Galileo no ano 1610, a lua xigante Ganímedes ten un tamaño comparable ó planeta Mercurio e conta cun propio campo magnético (é o único satélite do Sistema Solar que o ten) e unha delicada atmósfera, moi diferente a da Terra, na cal o telescopio Hubble xa había encontrado indicios de osíxeno. Basándose nos modelos teóricos que usan para as súas investigacións, dende os anos 70 do siglo pasado os científicos xa pensaban que este satélite podía ter un gran océano. A misión da NASA Galileo mediu no ano 2002 o seu campo magnético, reforzando cos seus resultados esas sospeitas. Agora, encontraron unha nova proba. O telescopio Hubble foi utilizado para observar en Ganímedes as auroras, un fenómeno vinculado ó campo magnético do satélite. Debido a que os telescopios non poden ver o que hai no interior dos planetas, os satélites ou calquera obxeto celeste, rastrear o campo magnético a través das auroras permítelles de forma indirecta averiguar o que hai dentro. Ademáis de ter un campo magnético propio, ao orbitar moi cerca de Xúpiter, Ganímedes tamén se ve influida polo campo magnético de ese planeta xigante.
Os científicos observaron o comportamento das dúas auroras para determinar que debaixo da cortiza de Ganímedes hai unha gran masa de auga salgada que inflúe no seu campo magnético. «Sempre lle din voltas á idea de cómo podíamos usar un telescopio de maneira distinta. ¿É posible empregalo para mirar o que hai no interior dun corpo planetario? Entonces pensei nas auroras, porque están controladas polo campo magnético. Se observas unha aurora da forma axeitada, podes obter información sobre o campo magnético. E se sabes como é o campo magnético, obtes información sobre o interior de esa lúa», explicou durante a roda de prensa telefónica Joachim Saur, investigador da Universidade de Colonia (Alemania) e autor principal de este traballo. "Os novos datos encaixan moi ben co que se sabía. Trátase dun resultado importante porque afianza a idea de que ese océano de auga líquida existe, pois contamos con evidencias indirectas», señala a EL MUNDO Olga Prieto, xeóloga planetaria do Centro de Astrobiología (CAB-CSIC-INTA). Prieto é unha das investigadoras que planificaron a ambiciosa misión JUICE (Jupiter Icy moons Explorer) que a Axencia Espacial Europea (ESA) ten previsto lanzar ao sistema de Xúpiter no ano 2022, a onde chegaría en 2030.
Un dos principais obxetivos de esta sonda será precisamente estudiar Ganímedes e indagar sobre a presenza de este gran océano de auga líquida. Europa e Calisto son outros dos satélites que fan que o estudo do sistema de Xúpiter teña gran interese. «Este descubrimento pon de manifesto o que o Hubble pode conseguir», afirmou John Grunsfeld, un dos responsables do departamento científico da NASA, que o próximo 24 abril celebrará un cuarto de século de observacións e descubrimentos do seu telescopio espacial, que tamén é operado pola ESA. Na sua opinión, «un océano profundo baixo a cortiza helada da lúa Ganímedes abre a fascinante posibilidade de que se encontre vida máis alá da Terra».
No hay comentarios:
Publicar un comentario