lunes, 16 de marzo de 2015

As torradas poden causar cancro?

Demostrouse que as graxas trans son un forte factor de risco para as enfermidades cardíacas. Despois de difundir o tema destas graxas en Estados Unidos, a FDA, o ente estatal que regula os alimentos e medicamentos, comezou a concienciar a poboación sobre un ingredinte chamado acrilamida, presente en alimentos de orixe vexetal como o pan, as patacas, o café, as galletas e os cereais, entre outros.

A parte queimada das torradas ou as patacas fritas queimadas ten acrilamida. Esta substancia química descuberta en 2002 fórmase ao queimarse o alimento cando é cociñado no forno ou ao fritirse a altas temperaturas. Está demostrado que isto acontece, non soamente a nivel comercial nun restaurante, senón que tamén pode producirse na cociña da túa casa.

Estudos científicos demostraron que a acrilamida causa cancro en animais, especificamente en ratos, xa que son os que se utilizan con maior frecuencia nas investigacións. Aínda que aínda non se comprobou este efecto nos seres humanos, a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (en inglés, International Agency forResearch on Cancer), que depende da Organización Mundial da Saúde (OMS), clasifica a acrilamida como "probable canceríxeno humano".

FDA publicou un documento para axudar aos produtores e ás empresas do sector gastronómico a que poidan diminuír a cantidade de acrilamida nos seus alimentos. Á súa vez, a recomendación para os fogares é evitar cociñar a altas temperaturas por un longo período de tempo. Cando un ferve alimentos de orixe vexetal está comprobado que non se produce este composto químico.

De acordo ao sitio web do Instituto Nacional do Cancro de Estados Unidos, a acrilamida fórmase cando o alimento se expón a unha temperatura de 120°C ou máis.

Algunhas recomendacións da FDA para que, cando cociñemoss, poidamos reducir a formación de acrilamida:

Cando fagamos torradas, o ideal é que queden de cor marrón. Hai que evitar comer a parte negra (queimada) que ten acrilamida.
Cociñar as patacas fritas ata unha cor amarela e evitar que cheguen á cor marrón que contén máis acrilamida. Se son conxeladas, hai seguir as instrucións do tempo de cocción indicado na bolsa.
Non hai que gardar as patacas na neveira, xa que cando están cociñadas aumenta o contido de acrilamida.
É moi importante aclarar que, ata o momento, non está demostrado que a acrilamida cause cancro nos seres humanos. Aínda que tamén hai que dicir que son necesarios máis estudos científicos en persoas para avaliar a devandita asociación.

Está claro que hai que ter coidado, xa que os efectos se están a avaliar neste momento. Polo tanto, aínda que non hai que alarmarse, é conveniente ter certa precaución e seguir as recomendacións mencionadas.

Ao final, as avoas sempre teñen razón cando din: "Non comas as torradas negras ou as patacas fritas queimadas, son malas".



No hay comentarios:

Publicar un comentario