lunes, 16 de marzo de 2015

As torradas poden causar cancro?

Demostrouse que as graxas trans son un forte factor de risco para as enfermidades cardíacas. Despois de difundir o tema destas graxas en Estados Unidos, a FDA, o ente estatal que regula os alimentos e medicamentos, comezou a concienciar a poboación sobre un ingredinte chamado acrilamida, presente en alimentos de orixe vexetal como o pan, as patacas, o café, as galletas e os cereais, entre outros.

A parte queimada das torradas ou as patacas fritas queimadas ten acrilamida. Esta substancia química descuberta en 2002 fórmase ao queimarse o alimento cando é cociñado no forno ou ao fritirse a altas temperaturas. Está demostrado que isto acontece, non soamente a nivel comercial nun restaurante, senón que tamén pode producirse na cociña da túa casa.

Estudos científicos demostraron que a acrilamida causa cancro en animais, especificamente en ratos, xa que son os que se utilizan con maior frecuencia nas investigacións. Aínda que aínda non se comprobou este efecto nos seres humanos, a Axencia Internacional para a Investigación do Cancro (en inglés, International Agency forResearch on Cancer), que depende da Organización Mundial da Saúde (OMS), clasifica a acrilamida como "probable canceríxeno humano".

FDA publicou un documento para axudar aos produtores e ás empresas do sector gastronómico a que poidan diminuír a cantidade de acrilamida nos seus alimentos. Á súa vez, a recomendación para os fogares é evitar cociñar a altas temperaturas por un longo período de tempo. Cando un ferve alimentos de orixe vexetal está comprobado que non se produce este composto químico.

De acordo ao sitio web do Instituto Nacional do Cancro de Estados Unidos, a acrilamida fórmase cando o alimento se expón a unha temperatura de 120°C ou máis.

Algunhas recomendacións da FDA para que, cando cociñemoss, poidamos reducir a formación de acrilamida:

Cando fagamos torradas, o ideal é que queden de cor marrón. Hai que evitar comer a parte negra (queimada) que ten acrilamida.
Cociñar as patacas fritas ata unha cor amarela e evitar que cheguen á cor marrón que contén máis acrilamida. Se son conxeladas, hai seguir as instrucións do tempo de cocción indicado na bolsa.
Non hai que gardar as patacas na neveira, xa que cando están cociñadas aumenta o contido de acrilamida.
É moi importante aclarar que, ata o momento, non está demostrado que a acrilamida cause cancro nos seres humanos. Aínda que tamén hai que dicir que son necesarios máis estudos científicos en persoas para avaliar a devandita asociación.

Está claro que hai que ter coidado, xa que os efectos se están a avaliar neste momento. Polo tanto, aínda que non hai que alarmarse, é conveniente ter certa precaución e seguir as recomendacións mencionadas.

Ao final, as avoas sempre teñen razón cando din: "Non comas as torradas negras ou as patacas fritas queimadas, son malas".



Unha eclipse total de Sol presentarase a próxima semana

Será a primeira eclipse de 2015 e observarase o 20 de marzo.
A mañá do próximo venres 20 de marzo, antes da entrada da primavera, observarase o primeiro e única eclipse total de Sol de 2015.

Este fenómeno será visible nalgunhas partes de Europa, Asia, África e sobre todo nas Illas Faeroe (entre Escocia e Noruega). Aínda que esta eclipse lamentablemente non se observará en México e América Latina, as persoas poderán seguilo no portal Slooh, o cal transmitirá o fenómeno en vivo. De acordo co portal da NASA, as eclipses acontecen cando un corpo celeste bloquea de forma total ou parcial a luz doutro obxecto celeste. As eclipses solares prodúcense unicamente durante a Lúa Nova, cando o satélite se encontra entre a Terra e o Sol en liña recta. A próxima eclipse do ano será total de Lúa, o cal se observará o próximo 4 de abril e terá maior visibilidade sobre o océano Pacífico.



Aquí vos deixo un video onde poderemos ver como será a eclipse de Sol do 20 de marzo:



sábado, 14 de marzo de 2015

O número pi non é 3,14.


O 20 de novembro de 2005, o chinés Chao Lu recitaba números sen parar. Durante 24 horas e catro minutos, gravado por 26 cámaras e con decenas de testemuñas da Universidade de Agricultura e Ciencias Forestais do Noroeste, na provincia chinesa de ShaanxiChao Lu cantou de memoria 67.890 decimais do número pi. A súa fazaña foi certificada polo Libro Guinness dos records. Non fallou nin un.

"Cando alguén escribe que pi é igual a 3,14 chóranme os ollos", confesa o matemático Javier Cilleruelo, asombrado polos enigmas milenarios que oculta o número. Pi non é 3,14, como aprendemos no colexio. Nin sequera é 3,141592653, a cifra que fai que esta mañá se celebre o Día de Pi por representar, segundo a notación anglosaxona, do mes 3, o día 14, do ano 15, ás 9 horas, 26 minutos e 53 segundos. E pi tampouco é o larguísimo número que memorizou Chau Lao. "Pi é a razón entre o perímetro dunha circunferencia e o seu diámetro", responde Cilleruelo, membro do Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT), en Madrid. Pi, polo tanto, é eterno.

En internet, é sinxelo encontrar rapaces cos ollos vendados recitando de memoria os 1.000 primeiros decimais do número pi. Non chegan ao prodixio de Chau Lo, pero teñen mérito. "Pi é un número irracional. Non segue ningún patrón e ten un número infinito de cifras", explica Cilleruelo. Isto significa que o número de teléfono móbil ou o DNI de calquera persoa que estea a ler isto probablemente aparecerán entre os primeiros millóns de decimais de pi, como se pode comprobar en varias páxinas web. O teléfono móbil que publicou Wikileaks do expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, por exemplo, aparece a partir do decimal número 85.711.627.

Na seguinte imaxe podemos ver a Chau lo co seu record Guinness.



viernes, 13 de marzo de 2015

Ganímedes, a maior lúa de Xúpiter.



Ganímedes é a maior lua de Xúpiter e tamén do Sistema Solar. Según as observacións realizadas co telescopio espacial, Hubble, alberga un gran océano subterráneo que contén máis auga líquida que a que hai na Terra. A conclusión foi presentada onte durante unha roda de prensa da NASA na que participaron os principais científicos que levaron a cabo esta investigación, publicada en Journal of  Geophysical Research: Space Physics. Según os seus cálculos, esta gran masa de auga salada tería uns 100 kilómetros de profundidade (aproximadamente dez veces máis que os océanos máis profundos da Terra) e encontraríase baixo unha cortiza de 150 kilómetros de espesor, composta na sua maior parte por xeo. Descuberta por Galileo no ano 1610, a lua xigante Ganímedes ten un tamaño comparable ó planeta Mercurio e conta cun propio campo magnético (é o único satélite do Sistema Solar que o ten) e unha delicada atmósfera, moi diferente a da Terra, na cal o  telescopio Hubble xa había encontrado indicios de osíxeno. Basándose nos modelos teóricos que usan para as súas investigacións, dende os anos 70 do siglo pasado os científicos xa pensaban que este satélite podía ter un gran océano. A misión da NASA Galileo mediu no ano 2002 o seu campo magnético, reforzando cos seus resultados esas sospeitas. Agora, encontraron unha nova proba. O telescopio Hubble foi utilizado para observar en Ganímedes as auroras, un fenómeno vinculado ó campo magnético do satélite. Debido a que os telescopios non poden ver o que hai no interior dos planetas, os satélites ou calquera obxeto celeste, rastrear o campo magnético a través das auroras permítelles de forma indirecta averiguar o que hai dentro. Ademáis de ter un campo magnético propio, ao orbitar moi cerca de Xúpiter, Ganímedes tamén se ve influida polo campo magnético de ese planeta xigante.
Os científicos observaron o comportamento das dúas auroras para determinar que debaixo da cortiza de Ganímedes hai unha gran masa de auga salgada que inflúe no seu campo magnético. «Sempre lle din voltas á idea de cómo podíamos usar un telescopio de maneira distinta. ¿É posible empregalo para mirar o que hai no interior dun corpo planetario? Entonces pensei nas auroras, porque están controladas polo campo magnético. Se observas unha aurora da forma axeitada, podes obter información sobre o campo magnético. E se sabes como é o campo magnético, obtes información sobre o interior de esa lúa», explicou durante a roda de prensa telefónica Joachim Saur, investigador da Universidade de Colonia (Alemania) e autor principal de este traballo. "Os novos datos encaixan moi ben co que se sabía. Trátase dun resultado importante porque afianza a idea de que ese océano de auga líquida existe, pois contamos con evidencias indirectas», señala a EL MUNDO Olga Prieto, xeóloga planetaria do Centro de Astrobiología (CAB-CSIC-INTA). Prieto é unha das investigadoras que planificaron a ambiciosa misión JUICE (Jupiter Icy moons Explorer) que a Axencia Espacial Europea (ESA) ten previsto lanzar ao sistema de Xúpiter no ano 2022, a onde chegaría en 2030.
Un dos principais obxetivos de esta sonda será precisamente estudiar Ganímedes e indagar sobre a presenza de este gran océano de auga líquida. Europa e Calisto son outros dos satélites que fan que o estudo do sistema de Xúpiter teña gran interese. «Este descubrimento  pon de manifesto o que o Hubble pode conseguir», afirmou John Grunsfeld, un dos responsables do departamento científico da NASA, que o próximo 24 abril celebrará un cuarto de século de observacións e descubrimentos do seu telescopio espacial, que tamén é operado pola ESA. Na sua opinión, «un océano profundo baixo a cortiza helada da lúa Ganímedes abre a fascinante posibilidade de que se encontre vida máis alá da Terra».