O número pi non é 3,14.
"Cando alguén escribe que pi é igual a 3,14 chóranme os ollos", confesa o matemático Javier Cilleruelo, asombrado polos enigmas milenarios que oculta o número. Pi non é 3,14, como aprendemos no colexio. Nin sequera é 3,141592653, a cifra que fai que esta mañá se celebre o Día de Pi por representar, segundo a notación anglosaxona, do mes 3, o día 14, do ano 15, ás 9 horas, 26 minutos e 53 segundos. E pi tampouco é o larguísimo número que memorizou Chau Lao. "Pi é a razón entre o perímetro dunha circunferencia e o seu diámetro", responde Cilleruelo, membro do Instituto de Ciencias Matemáticas (ICMAT), en Madrid. Pi, polo tanto, é eterno.
En internet, é sinxelo encontrar rapaces cos ollos vendados recitando de memoria os 1.000 primeiros decimais do número pi. Non chegan ao prodixio de Chau Lo, pero teñen mérito. "Pi é un número irracional. Non segue ningún patrón e ten un número infinito de cifras", explica Cilleruelo. Isto significa que o número de teléfono móbil ou o DNI de calquera persoa que estea a ler isto probablemente aparecerán entre os primeiros millóns de decimais de pi, como se pode comprobar en varias páxinas web. O teléfono móbil que publicou Wikileaks do expresidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, por exemplo, aparece a partir do decimal número 85.711.627.
Na seguinte imaxe podemos ver a Chau lo co seu record Guinness.
No hay comentarios:
Publicar un comentario